• twitter
  • facebook
  • Google Plus
  • pinterest
  • rss feed
Ribeira Sacra

1-ribeira-Sacra
02-ribeira-sacra-apartamento
03-ribeira-sacra-mosteiro
04-apartamento-ribeira-sacra
Foto Parada 2b
06-apartamento-ribeira-sacra

“As fiestras son os ollos das casas.
Uns ollos que miran á vez tanto para dentro, como para fóra.”


Cando a xente visita por primeira vez os nosos apartamentos, o primeiro que lles chama a atención é a carpintería exterior do edificio. Unhas fiestras que nos convidan a mirar o interior desta antiga casa tradicional restaurada con encanto, para logo, unha vez dentro dela, descubrirmos a beleza de fóra.

E é que estes apartamentos están en Parada de Sil, o corazón da Ribeira Sacra. Un dos lugares mais fermosos, espectaculares e máxicos da Galicia interior.

Adiante, estás na tua casa, visita os apartamentos. Seguro que despois pareceranche o mellor lugar dende o que descubrir e desfrutar a Ribeira Sacra.

Con licencia de turismo (Nº de licencia A-OU-21).