• twitter
  • facebook
  • Google Plus
  • pinterest
  • rss feed
Ribeira Sacra

A Casa

Os Apartamentos Ribeira Sacra ocupan o espazo dunha antiga casa de Parada de Sil, recentemente restaurada con materiais tradicionais da zona. Pedra e madeira, conforman a base deste elegante exercicio de nova arquitectura co que, a partires dumha vivenda tradicional, contruimos tres fermosos e acolledores apartamentos que equilibran á perfeción pasado e presente.

A Casa Azul

Destes tres apartamentos, hai un mais pequeno, con capacidade para até 4 persoas, ao que lle dimos o nome de Bidueiro. Os outros dous son mais grandes, con capacidade para 6 persoas cada un. Un chámase Castiñeiro e o outro Carballo.

Os tres levan nomes de árbores autóctonas da zona, unha homenaxe á espectacular natureza da Ribeira Sacra.

Achégate ás suas fiestras azuis pra coñecelos por dentro:

Unha vez no seu interior, verás como son o marco perfecto para descubrir a Ribeira Sacra. (link a Ribeira Sacra)