• twitter
  • facebook
  • Google Plus
  • pinterest
  • rss feed
Ribeira Sacra

Apartamento Bidueiro

Bidueiro

O Apartamento Bidueiro está situado na planta baixa da casa, o que nos permite telo habilitado para minusválidos. É o pequeno dos tres, e a súa capacidade máxima é de 4 persoas. No seu interior combínanse paredes brancas e de pedra, ca madeira do chan do dormitorio e a das trabes que atravesan o seu encantador teito branco. Ademais, dispón dunha terraza exterior na que se refrescar nos cálidos seráns dos veráns da Ribeira Sacra.

O resto das súas características son comúns ás dos outros dous apartamentos:

  • Cociña completamente equipada: vitrocerámica, lavadora, frigorífico e microondas
  • Televisión LED
  • Conexión wifi gratuíta
  • Calefacción
  • Terraza exterior