• twitter
  • facebook
  • Google Plus
  • pinterest
  • rss feed
Ribeira Sacra

Apartamento Carballo

Salon-Apartamento Carballo

O Apartamento Carballo está no primeiro andar da casa e accédese a el por unhas escaleiras de pedra cargadas de historia. A sua capacidade máxima é de 6 persoas e conta con 2 dormitorios independentes. Alén do seu fermoso interior, no que o branco se combina ca pedra das paredes e os cálidos teitos de madeira, o apartamento conta tamén cun balcón exterior situado na fachada do edificio, dende o que observar gran parte da vila e as verdes montañas.

O resto das súas características son comúns ás dos outros dous apartamentos:

  • Cociña completamente equipada: vitrocerámica, lavadora, frigorífico e microondas
  • Televisión LED
  • Conexión wifi gratuita
  • Calefacción
  • Balcón exterior