• twitter
  • facebook
  • Google Plus
  • pinterest
  • rss feed
Ribeira Sacra

Que facermos

Alén de nos permitir descansar e desfrutar da máis absoluta tranquilidade, a Ribeira Sacra ofrécenos moitísimas posibilidades.

O Canon do Rio Sil

Se o que procuramos son paisaxes, unha boa cousa é acudirmos aos diferentes miradoiros dende os que nos marabillar co Canón do Sil:

  • Os Torgás (Balcóns de Madrid)
  • Triguás, Pena da Cividade
  • Cabezoá
  • O Picotiño
  • A Costa.

Pasarela do Rio Mao

Mais o mellor xeito de desfrutalo e facendo o percorrido fluvial polo canón en catamarán. Tamén podemos percorrer a pasarela sobre o Río Mao, atopándose no seu inicio a Fábrica da Luz recentemente restaurada.

Pasarela do Rio Mao

Para nos sumerxir na historia o mellor é visitar algunhas das mais importantes obras do románico peninsular, como os mosteiros de:

  • Santa Cristina
  • Santo Estevo
  • San Pedro de Rocas
  • Montederramo
  • Xunqueira de Espadañedo

E tamén visitar a Necrópole de San Víctor, descuberta recentemente e de alto valor arqueolóxico.

Se o que queremos é entrar en contacto ca súa natureza o mellor xeito é practicando o sendeirismo, pois a Ribeira Sacra é un entorno privilexiado para os amantes desta actividade. Os roteiros de maior interese son:

  • Ruta do Canón do Río Sil – Santa Cristina
  • Sendeiro de castiñeiros e carriozas
  • Ruta do Canón do Río Mao.

Tamén nos podemos achegar a Entrambosríos, nos que destacan os seus muiños e o seu castiñeiro milenario.

Por último recomendamos tamén as adegas da D.O. Ribeira Sacra: Valcar, Leiravella e Ronsel do Sil. A Praia fluvial de Pradomao. E o Embarcadoiro de Rabacallos no río Sil, especialmente indicado para a práctica de piragüismo e outros deportes naúticos.